27/10/10

Entre a vendima e a castañeira





Nunha tarde de outono pódense atopar moitas cousas nos prados, zarrotes, azafrán e tamén ovellas.Outro dia máis.

23/10/10

Vedoiro


Manuel Rivas, Todo é silencio, 2010, páx. 25: seu pai xa descubría mananciais. Era vedoiro, zahorí. Todos os pozos da contorna achounos el, coas variñas ou co péndulo. Hai xente así, que ve no oculto, con poderes magnéticos...

Se precisa axuda para topar unha auga... entre nesta páxina nosa

13/10/10

Os Parentes na Solaina

O venres 15 de 5:15 a 6:30 da tarde botan na TVG A Solaina e alí vai estar en directo o Xan representando os Parentes. Véxano ou gráveno.

08/10/10

Temporal


Son os restos do temporal, parece auga pero é bulleiro que trouxo a arroiada hai tres días. Agora temos que limpar a poza.

03/10/10

Chove!!!


Chegaron as primeiras choivas, empeza con ganas, seguro que medran as castañas e saen os choupís a montóns cando escampe.