18/10/10

Aquela escola!!!!

Esta era en Friol

1 comentario:

Ángel Castro dixo...

Boísimo o video, encantoume cando totalmente expontáneo a un dos cativos se lle escapa o galego. Demóstrase a imposición do idioma alleo, de menospreciar a nosa fala, a nosa maneira de ser, esa humillación continua, non so os rapaces, refírome os pais dos rapaces,como decídolles que non sabían educar os seus fillos, como si o que aprendesen non era válido. E o contexto repítese agora, despois de fai anos, saltando temas tan pintorescos como que as matemáticas, segundo algunha organización, non se aprendesen ben en galego. Aquela si era escola, a escoal da vida. Eses rapaces faltaríalles o que agora temos, mundo, pero de que nos sirve si a felicidade é escasa. Eran felices, aprendian moitos valores, era outra escola. Por non falar do traballadores que eran, ir a escola, axudar na casa, ter ansias!, cousa que agora nin un "home" de 20 anos non ten. E volven do o tema da lingua, para nada dacordo coa profesora que sae decindo que non se manexan ben no castelán, peor como o ían facer si era algo estraño, pa min moi ben o facían. E para nada ese falar é máis deficiente que un castelan que falaba un cativo andaluz ou valenciano, claro que eran bilingues, pero esa teimosía de diminuirnos e desvalorizarnos qeu tiñan facíannos pequenos, o igual que agora. Si realmente queren unha lingua útil para os rapaces, que aposten de verdade por unha boa ensinanza en inglés, e deixen de atacar a nosa lingua, pois é tan válida ou máis que a castelá. A todo esto, noraboa polo blog