14/11/10

Onde se inventou a carne ó caldeiro?


El Progreso, 24 de xullo de 2000. Ramón Rodríguez Porto:
Son moitos os amigos e amantes do arte culinario que aseguran que a vitela ó caldeiro nace á sombra da casa forte de Cartelos, solar dos Temes. Suponse que, orixinariamente, arrieiros de orixe maragata serían os que popularizarían os pratos de madeira, alternando este prato co polbo polas feiras galegas. A vitela ao caldeiro arraigou sobremaneira nas celebracións do municipio. Era un prato moi popular nas feiras que A Barrela celebraba o día 13 de cada mes e nas de Castro o 17 e o 29. Este prato ten nos frades de Oseira a un dos seus grandes impulsores. Conseguiron que se convertese nun xantar non soamente de freires, senón tamén de feirantes, de arrieiros e de campesiños dado que non precisa de artificios gastronómicos para a súa elaboración.
(Aclaración dos Parentes: o noso curmán maior di que os vellos de Vilaguillulfe sempre lle chamaban vitela á carne de becerro)

Ningún comentario: