06/03/11

A Inés de Castro

Mándannos esta foto desde Coimbra (Portugal) e a súa historia tamén. Pois resulta que unha tal Inés de Castro (de apelido Castro, non que fora de Castro de Carballedo) hai moitos moitos anos tivo amores cun rei de Portugal chamado don Pedro, pero eran amores prohibidos e claro, acabaron matando a Inés e o seu sangue quedou nestas pedras da fonte na Quinta das Lágrimas (a foto non mente). Esta Inés viña sendo dunha das máis ilustres familias galegas e tivo mala sorte, a pobre, porque se di que só reinou despois de morrer. Cousas que pasan nesto dos amores.

Ningún comentario: