30/01/12

Frío

Seica vén unha onda de frío, os marranquiños xúntanse para aproveitaren mellor a calor, supoñemos que será instinto animal,ou tamén puido ser que os ensinase a súa nai. Non sabemos.

29/01/12

Final do xantar na Aira de Baixo no 93

Disque os que cantan despois de xantar son máis de fiar. Aquí os galegos e os bercianos xuntaron a Rianxeira coa Encina, o himno galego, ai Carmela... e Adiós con el corazón



E Final:

25/01/12

Lobelle 1991. Comunión

En Lobelle en 1991. Comunión da Alba. Vai dedicado á Noemí que tan ben o pasou cos vídeos anteriores. Pois neste sae ela moi guapa

18/01/12

Xeneira

En Xaneiro os gatos andan á XANEIRA, seica é época de celo das gatas, pero o Dado ten unha galleta na boca que parece que é  máis interesante a tal hora que iso de andar por riba dos tellados atras das gatas...




15/01/12

Neve

Disque hoxe pode nevar. Pois en 1995 si que nevou, como se pode ver no antigo vídeo do noso reporteiro


Buciños

Hoxe ten unha páxina para el na edición galega de El País. É o noso veciño e amigo Manolo de Buciños. Un dos grandes na escultura galega. Poden lelo aquí. A foto é do mellor fotógrafo de Galicia, Xurxo Lobato. O texto dunha catedrática de historia da arte, Victoria Carballo-Calero

13/01/12

Actores coñecidos que triunfan

O mércores estrenou Telecinco La Fuga, unha serie con moito éxito de audiencia. E alí vimos facéndoo tan ben coma sempre á nosa parenta da Barrela María Vázquez ou ao compañeiro de estudos do Xan Luís Iglesia (aínda que é máis coñecido polo papel de Matalobos)

07/01/12

As "cabras"

Por aquí a xente chámalles cabras, andan a pasear ao lado de Lobelle, estas non fan tanto dano coma o xabaril e son máis bonitas

06/01/12

Visitantes deste blog

Desde o 1 de xaneiro de 2010 (alá van dous anos) este blog tivo 11.000 visitantes que miraron unhas 15.000 páxinas. Saúdos para todos eles e aquí estamos para este ano.

05/01/12

Día dos "Reises"

Os Reis deixáronnos nunha bota no Arransallo este vídeo caseiro do ano 1990, da vendima da Casa de Baixo

01/01/12

San Manuel

Empeza outro ano, o 2012. Que veña en paz. E empeza coma sempre co santo dos Manueles, felicidades para eles e os José Manueles, especialmente para o Manolo do Tío Bernardo.
Canto ao ano cadaquén verao como lle vaia a el. Coma este carballo. Segundo onde o mires podes ver un carballo torto ou un carballo retorto, se vas de Trasar á Estivada ves unha cousa, se vés ves a outra, e todo iso sen baixarse do coche.