02/11/13

Día de defuntos

Día de inverno, día para lembrar os que xa non están ... e son moitos na familia ... empezando polo noso Alfonso ...
Acabamos de ver unha web coa historia e imaxes do que foi o noso amigo Carlos Ogando, no seu enterro (2004) aínda oficiou o Cura do Incio (2006) e coma sempre dixo unhas palabras moi sentidas. Que sorte tiñamos mentres el viviu: bautizos, comunións, vodas, enterros, cabosdano ... daba gusto escoitalo no predicote. A Casa de Baixo foi ricaz en contadores de contos (o Xan, o Manolo, o Anxo, a Vicenta ...) -e herdan os Penetes, que lle dan moito xeito- e tamén en predicadores, xa que logo ...
Mais como boa familia de arrieiros, sempre pándegos e con humor ... para todos eles e elas vai esta viñeta:

Ningún comentario: