26/10/16

Dixo...



-O tempo pasa e non di nada. Dixo a Pilar de Baixo. 
-Madia levo: dixo a señora Concha de Morlás cando lle dixeron que guapa estaba aos 98 anos.
 -Bos po bulleiro… Nacidos! Dixo o Xosé cando viu ao Aldán con zocos.
- Cando canta o capón a media mañá é que vai chover á tarde… ou que o capón non almorzou. Dicía o señor José da Ribeiriña
-Ter unha biceira: ter gando lanar, un rabaño de ovellas, en Pazos de Codosedo
- Conta o Fran Vences na Limia que o boi enteiro-sen castrar- ten memoria de quen o picou co aguillón (iso tamén o dixo Rodríguez de la Fuente nun programa). Pasoulle a el cun boi da casa que picara e tempo despois case o mata, botouse a el e o Fran deu librado tirándose ao chan nun sitio estreito, o boi cos cornos só daba metido o fociño. Ao día seguinte xa o levaron á feira. Un boi enteiro matou a un coñecido seu en Trives. 
Tamén tiveron na casa un burro enteiro. Un día despareceulles unha ovella. Toparon a pel e os ósos na corte do burro. Logo capárono e fíxose moi manso.


16/10/16

Limpeza de fosas

Despois de 15 anos de actividade tocou limpeza de fosas, unha nova experiencia , necesaria e executada por auténticos profesionais

02/10/16

A lacoeira

Debemos ser algo raros por aquí que as nosas palabras moitas veces non veñen nos dicionarios. Pásanos coa lacoeira, palabra que non vén no dicionario da RAG, nin no Estraviz.
Na Casa de Baixo sempre se gardou unha lacoeira para a vendina. Que é? Pois cando se parten os marraos na matanza o matón pode "deixar as lacoeiras": facer unha peza coa carne da zona do lacón, sen o lacón. Sálgase e logo cócese enteira e cómese fría. A Pilar de Baixo tenlle moi collido o tempero. Non sabemos como se dirá noutras zonas, se é parecido ao que en castellano lle din paletilla ou paleta. Pero o que si sabemos é o rica que está.
Esta é a lacoeira deste ano na vendima: