24/10/17

Pepe, repepe

Pepe, repepe,
camisa rachada,
foi á cociña
lamber a pescada.
Lambeu e lambeu
e nunca se encheu.
Subiu ó canizo
e chimpou un chourizo.
E caille a borralla,
limpaio á mingalla.
Deixouno no plato
e comeullo o gato,
e foi tras dil,
rompeulle un cuadril.
Foi tras dunha xesta
e partiulle a testa.
Foi tras dunha uz,
fíxolle unha cruz.
E díxolle patús, patús,
voume e quedas tu.

De rapaces tamén diciamos:
Pepe, repepe, camisa cagada...


22/10/17

Pedinlle leite á vaca

Hai un dito:
"Pedinlle leite á vaca,
a vaca pediume herba,
pedinlle herba ao prado
e o prado pediume rega"

Menos mal que algo choveu!

13/10/17

Outro dito do Manolo do Tío Bernardo


O que non come graxa come pan sen tasa
Nos tempos de "necesidá" non se comía máis ca pan, bica de millo e algo de leite. O becerro era cousa de ricos e o porco escaseaba. Por iso o que non comía carne tiña que lle atacar máis ao pan (centeo, claro).

03/10/17

Díxolle a perdiz ao coello...

Máis cousas do Manolo do Tío Bernardo:
"Díxolle a perdiz ao coello: que fas aí meu vello? Que fas aí perdiz? díxolle o coello"